Un personaxe do escritor fantástico H.P. Lovecraft emprende a procura dunha cidade con cuxas cúpulas douradas no sol da tarde soñara tantas veces. Perdido entre as marañas dos rueiros pode, por fin -grazas ao auxilio dunha chave máxica de prata-, acceder a ela. Cando o logra, descobre que non é outra que a súa propia cidade natal: manifestada ou revelada baixo unha nova luz.
Si: a cidade onírica estaba dentro da súa cidade real (podemos extrapolarnos nós agora) como o coñecemento está dentro da información: agachado, poeirento, esperando a chave máxica.
E xa é hora de revelar o noso segredo: a chave máxica do coñecemento é a lectura. Será necesario repetilo, porque estamos subxugados pola magnitude e as virtudes dos novos prodixios tecnolóxicos, e ao tempo deberemos volver aprender as potencialidades e as marabillas de algo que consideramos trivial, só porque o posuímos xa, e porque nos acompaña desde hai moitísimo tempo.
A lectura é a capacidade dos humanos alfabetizados para extraer a información textual. (Existe tamén a "lectura das imaxes" da que teremos que falar igualmente...) E é hora de avanzar a tese central destas páxinas: a lectura é a chave do coñecemento na sociedade da información.
J. L. Millán
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.