Asociación Galega de Editores

Galician Books

A Asociación Galega de Editores traballa na promoción do libro galego a través de accións destinadas a dar a coñecer a produción do sector editorial ó que representa. A participación en feiras internacionais do libro e o establecemento de relacións de intercambio comercial cos gremios de editores de América Latina e Europa forman parte da axenda anual da entidade. O tirón experimentado por algunhas pequenas editoriais galegas no eido internacional dálle pulo ás iniciativas de traballo no campo do comercio exterior. 

Desde hai dous anos os libros galegos preséntanse baixo as marcas: Galician Books e Libros de Galicia. 

No transcurso do ano 2012 a AGE participará nas feiras do libro de Boloña( para rapaces), Fránkfurt e Guadalaxara, a cita máis importante de América Latina, en función da proxección exterior e actividade desenvolvida polo evento.  A Consellería de Cultura patrocina stand en Boloña, Bos Aires e na FIL de Guadalaxara( México).

                                                     Orientación da Industria Cultural no Mundo

Na segunda metade do século XX prodúcese un grande incremento das relacións e os intercambios transnacionais, ao ser o editorial un dos sectores máis activos da industria cultural. Esa enorme e complexa actividade de darlle popularidade e divulgación aos produtos culturais veu sucedida polos procesos de concentración e localización das grandes corporacións da industria cultural mundial. As empresas precisan rendibilizar os seus investimentos e necesitan abrirse a novos públicos e mercados.

O Libro Branco da Unión Europea establece as bases sobre as que se deben orientar as políticas culturais de cara ao novo século ao establecer sistemas abertos e elaborar estratexias internacionais que permitan que as empresas se alíen, e ten como obxectivo final a apertura dun terceiro mercado coa supresión de todo tipo de discriminacións así como asegurar a participación, sen exclusións, do seu pluralismo cultural e lingüístico.

 

Ligazóns relacionadas:

ICEX-INDUSTRIAS CULTURAIS

FOEXGA

EXPORTGALICIA-IGAPE

Documentos relacionados:

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?