Asociación Galega de Editores

Prensa escrita

A barcelonesa Librería Central desembarca en Madrid

Xoves, 13 Setembro 2012

A cadea de de librerías La Central inaugura unha nova librería no centro de Madrid, un establecemento que se ven a sumar aos que xa ten na capital catalana e aos outros dous que xa tiña na cidade madrileña.

Inauguraron o novo centro da Praza de Callao, abarrotado de público, Inge Feltrinelli, novos socios de Anagarama e da cadea de distribución; Mario Vargas LLosa e Jorge Herralde. O fondo do macro centro é de 70.000 volúmes. Conta con espazo de ocio para xantar, almorzar ou tomar copas. Tamén está instalada unha tenda na que se poden mercar dende lápices a bolsos.

Maís información en La Huella digital 

 

  


Galicia é unha das comunidades que máis gasta en libros de texto

Luns, 03 Setembro 2012

Madrid e Galicia son as  comunidades autónomas con máis gasto en libros de texto por alumno, mentras que Castilla-La Mancha se sitúa no extremo contrario, seguno o  último informe da Asociación Nacional de Editores de Libros e Material de Ensino (Anele), que responsabiliza destes desequilibrios ás políticas educativas.

O estudo de Anele sinala que Galicia conta co  4,9 % de los alumnos españois, pero gasta o  6,16 % do total de euros, o que da una relación de gasto por alumno/libro del 25,7 %. Supéralle  Madrid, cunha ratio de casi o 40 %. No extremo contrario está Castilla-La Mancha, cunha  relación de -47 % entre o que gastan en libros e o número de alumnos que ten.

Fonte : La Voz de Galicia 

 

 


Librería perfecta ?

Luns, 27 Agosto 2012

As solucións pasan pola construcción de potentes motores de búsqueda que xunten criterios semánticos, criterios sociais e criterios SEO. Hai moitas empresas traballando nelo, afirma Mellado nun artigo publicado en Actualidade Editorial, sobre todo as grandes librerías, que compiten entre elas non só nos prezos, senón tamén nos servizos e  facilitar ao cliente búsquedas efectivas é un bo servizo.

As pequeñas librerías independentes xogan coa enorme desvantaxe de non ter capacidade financeira para posicionarse ben nos buscadores nin para ofrecer búsquedas semánticas semánticas nin sociais nas súas webs...

 

Máis


Xosé Tomás representa a GALIX no Congreso do IBBY en Londres

Luns, 27 Agosto 2012

Xosé Tomás vén de reprensentar a GALIX e participar no Congreso que o International Boards on Books for Young People (IBBY) vén de celebrar en Londres. 

A participación de Xosé Tomás está patrocinada por Política Lingüística. O ilustrador abordará o proceso de trasvase que se da do texto á ilustración nos álbums infantís, ademais do feito de transportar unha cultura como a galega a través das imaxes para estes volumes. tamén amosará o panorama da ilustración infantil en Galicia, cos seus códigos e particularidades, xunto con reflexións sobre o poder de transmisión da imaxe. O autor, colaborador de La Voz, participará nunha mesa redonda hoxe que estará moderada pola tamén escritora galega Marilar Aleixandre.

 

Fonte: La Voz de Galicia


Finou Esther Tusquets

Luns, 23 Xullo 2012

A editora e escritora Esther Tusquets finou aos  75 anos de idade nun hospital de Barcelona, segundo unha nota difundida por Europa Press, citando fontes de Ediciones B, onde Tusquets tiña publicados algúns dos seus últimos títulos.  

Tusquets, que padecía Parkinson, foi a fundadora e directora de Lumen durante  durante casi 40 anos. A editora nacera en Barcelona no ano 1936 . A súa primeira novela data do ano 1976, "El mismo mar de todos los veranos".

 

A nova en La Voz de Barcelona


Cal é o mellor ebook ?

Martes, 19 Xuño 2012

Estandarte buscou entre os aparellos electrónicos de lectura e chegou á conclusión de que as estrelas da oferta en España son : Kindle de Amazon, Sony Reader, Tagus de Casa del Libro y FNAC eBook.

Detallan os motivos que tiveron en conta: 

-Batería: a maior parte dos  ebooks teñen baterías con una autonomía que nos permite usalos tranquilamente con dúas ou tres cargas ó mes. Cualquera modelo que no nos proporcione esto, é unha mala opción. Un ebook non é un ordenador: debe independizarse da necesidade de contar cunha toma de corrente próxima.

-Tamaño e peso: a pantalla debe ter polo menos 6 pulgadas; menos, dificulta unha lectura cómoda, e máis, convírteo nun trasto. O peso debe rondar os  200 gramos. Se pesa máis, pénsao.

-Compatibilidade...máis

 


Abúrrense os nenos na escola

Martes, 19 Xuño 2012

Nova: Abúrrense os nenos na escola

Os rapaces abúrrense na escola,  opinan unha chea de chamados expertos. Segundo esas opinións o que teñen fóra é moito máis atractivo, internet está por todas partes e xa non lles atrae o mundo compartimentado de saberes estancos que se lles ofrece dentro. Algunhas voces álzanse para indicar que non teñen capacidade de sacrificio e que habería que impoñer a disciplina e a estratexia do premio e o castigo. Outros, os que están máis próximos ós novos medios tecnolóxicos, pensan que o modelo nacido coa revolución industrial xa non serve. 

 Dolors Reig, psicóloga social e editora do blog El Caparazón, moderadora do  debate titulado A educación, ¿qué estamos haciendo mal?,  celebrado dentro do encontro internacional Red Innova celebrado en Madrid, cuestiona que se leve moitos anos falando sen que o debate consiga realmente convertirse en cambio real dentro na aula. Segundo Reig, a discusión atáscase en si  realmente a tecnoloxía serve ou non para mellorar os resultados escolares.

" O que pasou con  Internet na escola é o que pasa coa Rede cando chega a calquera sitio " máis


Descuberta parte dunha novela e un poema inédito de Otero Pedrayo

Luns, 11 Xuño 2012

Estes días, a Fundación Penzol, esa fonte inesgotable e esencial de documentación, sen dúbida, a máis importante de Galicia, informaba do descubrimento de parte dunha novela e un poema inéditos de Ramón Otero Pedrayo. O achádego é dunha importancia fundamental e verá a luz na nosa editorial en breve.
O descubrimento é froito do traballo colaborativo entre a Universidade de Vigo e a Fundación Penzol que dirixe Alfonso Zulueta de Haz. ´'Xeórxicas do pan', que así se chama o poemario, consta de 1400 versos que verán a luz na nosa editorial. No blog de Galaxia


302 novas

Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?