Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Tradución ao inglés de Longa Noite de Pedra

Mércores, 20 Xuño 2012

Nova: Tradución ao inglés de Longa Noite de Pedra

Dentro do Programa de celebración do Centenario de Celso Emilio Ferreiro está a tradución ao inglés de Longa Noite de Pedra (Long Night of Stone)  que  xa se pode  visualizar no portal Portico of Galician Literature, unha xanela na Rede para a literatura galega traducida ao inglés. 

A páxina web conterá información biográfica, sipnóses e fragmentos das obras dos autores e autoras galegos. O portal pretende ser "un referente da literatura galega para o mundo anglófono e en xeral para a proxección internacional da literatura galega", segundo se recolle na nota informativa publicada en diversos medios institucionais.

 


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?