Asociación Galega de Editores

Impresora Email

Xantar de irmandade da Fundación dos Premios da Crítica

Luns, 18 Xuño 2012

Nova: Xantar de irmandade da Fundación dos Premios da Crítica

Premiados en varias edicións dos premios e integrantes da Fundación Premios da Crítica participaron nun xantar de irmandande na Bodega Marín Codax de Cambados. No acto interviñeron o vicepresidente da Bodega Martín Codax, Ramón Barral, quen expresou o renovado compromiso da súa empresa coa cultura galega.  Bieito Ledo, presidente da Fundación dos Premios da Crítica e director de Ir Indo, salientou que foran máis de 200 as personalidades premiadas ao longo de tres décadas e 800 as que formaran parate dos xurados. Ledo fixo lectura da relación dos integrantes dos xurados da primeira edición, entre os cales se atopaban " lumieiras da cultura galega do século XX", Eduardo Blanco Amor, Celso Emilio Ferreiro e Carlos Casares. Lembrou o presidente que a iniciativa nace cando aínda non existen en Galicia institucións culturais ou autonómicas.

Finalizado o xantar e en representación dos premiados nesas 35 edicións, interviñeron os académicos Andrés Torres Queiruga, Xosé Neira Vilas e Xesús Alonso Montero, e o escritor Alfredo Conde. Pecharon as intervencións, o Secretario Xeral e o Conselleiro de Cultura. O xantar rematou coa actuación de Uxía Senlle.


Copyright, Aviso Legal, Política de privacidade e Accesibilidade

Co patrocinio de:
Cedro


esqueciches o contrasinal?