Luns, 21 Maio 2012
A escaleira
Beatriz Montero & Raul Nieto Guridi
PVP 12,90 €
Cartoné
OQO Editora
O libro
O carteiro subiu, subiu, subiu pola escaleira.
Chamou á porta:
Din-don! Din-don!
Non había ninguén.
Deixou a carta no chan...
... e baixou, baixou, baixou pola escaleira.
Esta acción repítena, co mesmo resultado infrutuoso, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro. Deste xeito, enriba da carta depositada ante a porta do cuarto piso acaban acumulándose un par de zapatos, un ramo de flores e unha barra de pan ata que entra en escena unha nena resolta.
Do mesmo xeito que o resto de personaxes, a pequena sobe pola xa coñecida -para o lector- escaleira ata o tamén consabido cuarto piso. Unha vez alí, o relato dá un xiro inesperado, grazas á espontaneidade e picardía da pequena que resolve con graza e de inmediato toda a trama.
A escaleira é un conto orixinal de Beatriz Montero que recrea a adquisición da linguaxe nos nenos de pouca idade. Cada chanzo é unha pequena conquista da súa mente.
O carteiro, o zapateiro, o xardineiro e o panadeiro soben a escaleira e van deixando os nomes dos seus oficios e algúns obxectos ante a porta. Deste xeito, aprenden aos poucos novas palabras e conceptos. "Non entenden todas as palabras que escoitan, pero a repetición axúdalles a gravalas na súa memoria", subliña a escritora.
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Asociación Galega de Editores
Rúa das Hedras 2, 2º F 15895 Milladoiro AMES
Tel.: 981 57 09 37
Unha maneira de facer Europa
PR521A_2011_16231
PLAN DE FORMACIÓN E
DEMOSTRACIÓN PRÁCTICA PARA O
USO E
ADMINISTRACIÓN DA
PLATAFORMA DE DISTRUBICIÓN
DE LIBROS E
CONTIDOS
DIXITAIS
"FONDOS PUBLICOS"
Copyright © AGE, Asociación Galega de Editores
Este proxecto está cofinanciado por Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER),
Ministerio de Industria, Turismo e Comercio,
Xunta de Galicia (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica),
Plan Avanza.